No quinto programa de Radio Manoplas a entrevistada é Aurita González González. Nada en Sarria pasou a súa infancia en Sober. Logo de casar aos 19 anos chegaron a Vigo, desde hai varias décadas mora no barrio de Coia.
No cuarto podcast de Radio Manoplas a entrevistada é Olga Silva Rubín. Conversamos con Olga sobre o que supuxo ser nai dunha filla con parálise cerebral hai máis de catro décadas. Comparte como viviu a crianza dunha filla e un fillo cunha parella que traballaba no mar durante a maioría do ano.
Nesta ocasión a entrevistada é Eva Gil Rodríguez. Muller polifacética que pasou a súa infancia en A Cañiza, onde o seu pai era mestre da escola que facía tamén de vivenda familiar.
No segundo programa de Radio Manoplas a entrevistada é Susana Pérez Galán. Veciña de Vigo, mestra no colexio Salesianos e persoa con moitísimas habilidades para os coidados.
Iniciamos a andaina de Radio Manoplas, podcast quincenal emitido desde Coia (Vigo). Intéresanos escoitar a persoas que teñen vidas inspiradoras. Media hora de programa para coñecer as súas historias contadas por elas mesmas. O peche do programa o pon a canción escollida pola entrevistada.
Levamos máis dun mes de confinamento e sen dúbida, unhas das máis afectadas por este peche foron as crianzas. Novos xogos, novas rutinas, novas tarefas, novos usos do espazo, novas compañeiras de xogo, no mellor dos casos, as adultas ou a soidade.
En tempos de confinamento polo COVID-19 lembrámonos da nosa xente, da comunidade. María González Reyes ponlle letras, Virginia Pedrero imaxe, a unha das tantas historias que nestes días recordan a necesidade dun tecido comunitario forte para afrontar a vida.
Levamos uns meses traballando co profesorado IES "Alexandre Bóveda" -o "Coia 2" para que nos entendamos- coa idea de seguir a desenvolver proxecto do roteiro por Coia.