5x1 #RadioManoplas: "Alternativas comunitarias ao malestar emocional e psíquico"

Iniciamos a quinta tempada de Radio Manoplas co faladoiro: "Alternativas comunitarias ao malestar emocional e psíquico".

Inma, Ramiro, Ian e Marta compartiron con xenerosidade as súas reflexións e experiencias diante dunha sala da “parro” ateigada de xente. O encontro xirou arredor do malestar emocional e do papel que as comunidades desempeñan na súa xestión.

Nunha hora de conversa, as convidadas abordaron unha chea de temas: a importancia de ser comprendidas, de permitirnos tempos de adaptación, de crear espazos e momentos para acompañar ás persoas que sofren, de afrontar medos e limitacións, de apostar pola formación continua... Sen dúbida, estas reflexións resoarán tras a escoita.

Foi unha tarde moi enriquecedora, na que, en lugar de ofrecer solucións rápidas, centrouse a ollada en tecer relacións sólidas e en crear comunidades que coiden o benestar de todas as súas integrantes, con independencia dos momentos que estean a atravesar ou das súas condutas.

Botádenos unha man espallando este proxecto que podedes escoitar en: IVOOX, SPOTIFY, ARCHIVE e PODGALEGO.