Alicerce: Parte inferior dunha construción que a sostén soportando o seu peso...
Quen fomos para ser quen somos.
Espazo Alicerces xorde como asociación cultural en 2016. Porén, xa tiñamos certo percorrido -a título individual- en achegarnos a cuestións que eran do noso interese. Neste sentido, sempre sentimos especial curiosidade sobre o hábitat que nos tocou vivir: a cidade.
Pensamos que as cidades son unha sorte de palimpsestos que constantemente se están a reescribir; seguindo con esta metáfora, aínda existen na nosa contorna “textos” que deixaron os nosos antergos, e que debemos ser quen de atopar e ler.
Por outra banda temos claro que a cidade é un ecosistema vivo, que está en constante desenvolvemento e transformación. Máis alá de seren un espazo físico que acolle a vida dunha sociedade e que cumpre unha serie de funcións (económicas, administrativas, etc), a cidade tamén é o campo de xogo de intereses económicos que, ás veces, non coinciden co benestar da xente.
Así, necesariamente a veciñanza ten que ser un suxeito activo no desenvolvemento da cidade. Se nós non facemos barrio, non facemos cidade, alguén o fará por nós.
Web > alicerces.arkipelagos.net
email > alicercesrs@gmail.com
twitter > @alicercesrs
facebook > facebook.com/alicerces