Compartimos contido adicional do faladoiro: "Alternativas comunitarias ao malestar emocional e psíquico". Tras pechar a parte "formal" da sesión, continuamos unha conversa aberta co público. Esta segunda parte non foi gravada cos micros, senón cun dispositivo TASCAM.
Durante estes 30 minutos extra, escoitamos a Ian, Marta, Inma e Ramiro reflexionar sobre temas como a familia, o sistema educativo, as relacións interxeracionais e a importancia de tecer un tecido asociativo rico. Un espazo de intercambio que nos convida a xerar comunidades fortes e a construír alternativas ao malestar que provocan as nosas sociedades.