Desde Radio Manoplas organizamos un novo faladoiro baixo o título: "Sabemos morrer?". Será o venres 13 de xuño a partir das 20h00 nos locais parroquiais do "Cristo da Vitoria" (rúa Baiona 9, Coia – Vigo).
Retrucamos cun faladoiro ao vivo e con público. Para tal diálogo contamos con tres mulleres que xa pasaron con anterioridade polos micros de Radio Manoplas que nesta ocasión xuntamos para falar sobre a morte. Elas son:
- Irene Esperón Rodríguez: psicóloga clínica na unidade de paliativos do hospital Meixoeiro.
- Marta Bautista Díaz: educadora social e profesora do ciclo superior de Integración Social.
- Mari Mar Revuelta Álvarez: monxa dominica da comunidade do "Cristo da Vitoria" de Coia.
Queremos falar da morte sen dramas. Buscamos pensar, xuntas, en como este acontecemento nos afecta e interpela como comunidade. Se morremos como vivimos, cómpre pensarmos como podemos mellorar as vidas de todas en contextos de incerteza crecente, de inxustiza e desigualdade, de individualismo. Para tal proposta contamos con tres persoas con experiencias cercanas e reflexionadas sobre a morte. Animámosvos a vir para construírmos xuntas unha mirada máis fonda e colectiva sobre a morte e a vida.