Iniciamos a andaina de Radio Manoplas, podcast quincenal emitido desde Coia (Vigo). Intéresanos escoitar a persoas que teñen vidas inspiradoras. Media hora de programa para coñecer as súas historias contadas por elas mesmas. O peche do programa o pon a canción escollida pola entrevistada.
Podedes seguirnos na canle de IVOOX (https://www.ivoox.com/podcast-radio-manoplas_sq_f11151742_1.html), en ARCHIVE (https://archive.org/details/@radio_manoplas) e tamén a través dos chíos da conta de twitter (@radiomanoplas). Calquera dúbida, comentario ou suxestión non dubidedes en facela a través do email: radiomanoplas@riseup.net
No primeiro programa Diego entrevista a Marta Bautista Díaz. Veciña de Vigo, educadora social que traballa dando clase no ciclo superior de Integración Social no colexio San José de la Guía.
Falamos sobre a súa infancia en Elgóibar, sobre coidados, sobre educación social, sobre baile e algunha cousa máis. Pechamos o programa coa canción que recomenda Marta: "Je veux" de ZAZ.