No quinto programa de Radio Manoplas a entrevistada é Aurita González González. Nada en Sarria pasou a súa infancia en Sober. Logo de casar aos 19 anos chegaron a Vigo, desde hai varias décadas mora no barrio de Coia.
Conversamos con ela sobre as loitas veciñais nas que participou para mellorar as condicións de vida do barrio. Parte desas resistencias estiveron encamiñadas xunto a outras mulleres na Asociación de Mulleres Dorna. Aurita fálanos dos inicios do feminismo así como de dúas mulleres que foron referentes para ela: a súa irmá Manola e Marina.
Pechamos o programa coa súa recomendación musical, Aurita escolle a canción: "Que no se acabe el mundo".
Botádenos unha man espallando o podcast. Podedes seguirnos en Ivoox, Archive e Spotify.