No cuarto podcast de Radio Manoplas a entrevistada é Olga Silva Rubín. Conversamos con Olga sobre o que supuxo ser nai dunha filla con parálise cerebral hai máis de catro décadas. Comparte como viviu a crianza dunha filla e un fillo cunha parella que traballaba no mar durante a maioría do ano. Olga fala tamén de como viviron as semanas máis duras do confinamento no seu edificio. Pechamos o podcast coa súa recomendación musical: "Lucía" de Serrat.
Botádenos unha man espallando o podcast. Podedes seguirnos en Ivoox, Archive e Spotify.