Achegamos a ficha do lavadoiro de Espedrigada, a información do resto de lavadoiros a podedes atopar no documento > Os lavadoiros de Coia
_localización
Collemos a avenida de Balaídos en dirección Castrelos. Á altura do número 58 desviámonos á esquerda, cara a rúa Espedrigada. Camiñamos uns 60 metros, e á dereita atopamos o lavadoiro.
As súas coordenadas son 42.21315, -8.73595.
O seu entorno orixinal está completamente desfigurado. Atópase encaixado entre dous edificios e a rúa Espedrigada, sendo lugar habitual de aparcamento de coches.
_descrición
Está construído con perpiaño, co interior está revestido con azulexo. A súa pía é rectangular, e ten unha fila de lousas perimetrais en tres dos seus lados, para lavar a roupa.
Presenta unha cuberta de formigón a dúas augas sostida por seis piares, e ten un peche de formigón en dous dos seus lados.
_documentación histórica
Non atopamos documentación histórica asociada a este lavadoiro.