A vindeira semana presentamos o libro “El Paseo de Jane. Tejiendo Redes a pie de calle”. Contaremos con Susana Jiménez Carmona (Coordinadora do libro e dos paseos) que nos falará sobre esta ferramenta ao servizo da recuperación das cidades e dos barrios como espazos de vida para as persoas.
Será o mércores 12 abril a partires das 20:00 en Sabores de Crianza (Avda. Alcalde Gregorio Espino, nº 65 Vigo). Dita presentación a organizamos Espazo Alicerces e Depósito 67.
O Paseo de Jane é un movemento de excursións cidadás inspiradas pola activista Jane Jacobs. Esta escritora, urbanista e activista americana criticou duramente os procesos de remodelación urbana das cidades americanas nos anos ‘60. Esta iniciativa nace da man de amizades de Jane como modo de lembrar e recuperar o traballo desta muller.
Nun momento no que a vida urbana está marcada pola soidade e polo illamento esta ferramenta pode ser útil para recuperar a rúa como espazo de encontro para a veciñanza, e tamén seren un xeito de reivindicar que as cidades poden se feitas e habitadas doutros modos.
Máis info: https://elpaseodejane.wordpress.com