Libro: "As lembranzas soterradas. Unha lectura arqueolóxica da Coia histórica"

Onte foi 23 de abril, día do libro. Cun día de atraso achegamos a nosa proposta para celebrarmos este data. Trátase do libro escrito por Eduardo Rodríguez Saiz e que leva por título: "As lembranzas soterradas. Unha lectura arqueolóxica da Coia histórica”" editado polo Instituto de Estudios Vigueses.

Achegamos a sinopse do libro: "Coia non foi sempre un barrio ateigado de rúas e edificios; ata hai poucas décadas era unha das tantas parroquias rurais que existían no Val do Fragoso. Se retrocedemos aínda máis na Historia, descubrimos as pegadas das xentes que habitaron a Coia tradicional; unhas poucas ferramentas de pedra, unha pequena aldea castrexa, algunhas villae tardorromanas, indicios dun poboamento medieval apenas intuído ... Nalgúns casos, os ecos desas vellas sociedades subsistiron en forma de restos arqueolóxicos".