4x4 #RadioManoplas: Andrea Nunes Brións

De Coia a Compostela para conversar con Andrea Nunes Brións.

Nada en Marín, nunha familia chea de cultura onde literatura e música tiñan moita presenza. Andrea lembra o impacto -sendo unha rapaza- que lle provocou escoitar “Corazón Coraza” de Benedetti, versos que están nos inicios da súa querenza pola poesía.

Andrea practicou baloncesto de xeito destacado. Iniciou de cativa nun equipo de Marín para logo xogar no Arxil e nas seleccións galega e española. Acostuma contar, en sesións sobre gordofobia, que sempre foi gorda mais iso nunca foi atranco para estar en boa forma física e destacar neste deporte. Abandona o baloncesto coa chegada a Compostela para estudar Filoloxía Hispánica.

Remata os estudos, e tras varios empregos, inicia a súa andaina en diferentes universidades da China. Alí pasou sete interesantes anos que pechou co traslado a Venecia para seguir traballando na universidade. Pecha etapa co retorno a Compostela onde da clases a rapazada da ESO nun centro da cidade.

Andrea cre “moito no poder do colectivo”, para ela “o acto poético é un acto moi íntimo, pero por que non compartilo con outras persoas” o cal queda de manifesto na súa obra e, sobre todo, na súa vida. A palabra tenrura aparece ao pensar en Andrea, unha desas persoas que puxan con beleza por liberarnos de opresións e privilexios. Despedimos a entrevista con ”Voz das amigas" de Leilía, peza coa que Andrea lembra á finada Lola Ferreiro.

Botádenos unha man espallando este proxecto que podedes escoitar en: IVOOX, SPOTIFY, ARCHIVE e PODGALEGO.