A persoa que estrea o rocho de Eduardo como estudo é Silvia Penas Estévez.
Veciña de Balaídos, moi preto de Citroën onde traballaba o seu pai. Logo do primaria estudou no "Coia 2" e máis tarde -tras moitas dúbidas- fixo Filoloxía Galega. Título que posibilitou anos de traballo como docente en diferentes ámbitos, mais a súa vida tiraba máis polo arte.
Na súa web atopamos como presenta o seu traballo que: "ten como punto de partida a creación de textos, cunha forte vocación de indagar na poesía escénica e outros formatos de poesía volátil ou efémera, de incorporar a palabra poética ao corpo a través da voz". Ten varios libros publicados, premios e moitas horas no escenario, gran parte delas con Cinta Adhesiva proxecto que comparte con Jesús Andrés. O seu traballo destaca pola "intensidade" así como polo coidado da posta en escena, do vestiario -herdanza do traballo materno-, do son...
Na conversa Silvia explica como foi a súa vivencia co galego e tamén fala das dificultades que supón vivir da cultura. Un pracer falar con Silvia, unha das voces máis singulares do panorama artístico en língua galega. Para rematar despedimos a entrevista con "Myth" de Beach house".
Botádenos unha man espallando este proxecto que podedes escoitar en: IVOOX, SPOTIFY, ARCHIVE e PODGALEGO.