O segundo programa da cuarta tempada é un especial que leva por título "Falan as presas".
Nos meses de febreiro e marzo de 2024 fixemos entrevistas a catro persoas que viven ou viviron privadas de liberdade en prisións galegas. Tres homes e unha muller que falaron sobre a vida na cadea e sobre as consecuencias dese paso. A muller está xa en liberdade, un deles está en terceiro grao no CIS "Carmen Avendaño" e os outros dous cumprindo condena en prisións galegas. Tres das conversas celebráronse no piso que a pastoral penitenciaria de Vigo ten na cidade o cal facilita o cumprimento de permisos para persoas sen -ou con escasos- vínculos fóra da prisión e a outra fixémola no barrio de Coia.
Agardamos que esta pequena peza sirva para animar a que máis xente preócupese pola vida das persoas privadas de liberdade. A música deste programa a pon Dous co tema "Danza del que espera".
Botádenos unha man espallando este proxecto que podedes escoitar en: IVOOX, SPOTIFY, ARCHIVE e PODGALEGO.