A entrevistada coa que iniciamos a cuarta tempada é María Reimóndez Meilán.
Nada en Lugo, mais os estudos de Tradución e Interpretación a trouxeron a Vigo onde reside desde hai anos e na que di encaixar moi ben.
Dende cativa comezou a escribir alentada pola súa nai. A escrita é fundamental na súa vida, lembra que nos seus inicios xa estaba a pulsión por contar historias de vidas pouco representadas na literatura. A constancia, a organización e o traballo explican a súa gran produción literaria, moita da cal dirixida ao público infanto-xuvenil. María entende a escrita como un modo de participación na sociedade e nela reflicte asuntos vitais para as nosas vidas: feminismo, defensa do territorio, diversidade sexual, etc.
En "Furia" a protagonista práctica boxeo deporte que para María "é algo que vertebra a miña vida". Alén da morea de estereotipos que o rodea para ela o boxeo é un lugar seguro onde destaca a concentración e a constancia dun deporte que "só podes aprender en comunidade".
De pequena a María dicíanlle que parecía india e accidentalmente a vida a conectou co sur da India. Visita con regularidade ese territorio coa vontade de intervir -é fundadora da ONG Implicadas no Desenvolvemento- na erradicación da pobreza das comunidades máis afectadas por ela, e máis en concreto no grupo das mulleres. Pechamos a entrevista cun tema da gran Mercedes Peón que leva por título: "Deroran".
Botádenos unha man espallando este proxecto que podedes escoitar en: IVOOX, SPOTIFY, ARCHIVE e PODGALEGO.