3x9 #RadioManoplas: Raquel Doval Carregal

Raquel Doval Carregal pasa polos micros de Radio Manoplas na novena entrevista da terceira tempada.

Medrou no centro de Vigo, mais desde hai dez anos residen no barrio de Teis. Estudou Traballo Social e xa desde os inicios apostou por facer desta profesión unha ferramenta de transformación social mobilizando recursos para mellorar a vida das vulneradas. Raquel alerta sobre a situación laboral do terceiro sector, igual que o resto do mercado está marcado pola precariedade e por problemas na xestión dalgunhas entidades.

Leva case dúas décadas traballando na Rede de Mulleres Veciñais Contra Os Malos Tratos onde acompaña a mulleres co fin de evitar que volvan a sufrir as violencias provocadas polo patriarcado. Alerta sobre os problemas que padecen as mulleres en institucións que en teoría están para as protexer, como por exemplo os xulgados.

De pequena formou un grupo ecoloxista na escola, activismo que continua na actualidade participando en movementos na defensa do territorio como "Foi polo vento e veu polo ar". Nesas loitas, na súa vida incorpora tamén a importancia de protexer todas as vidas, por iso dedica parte do seu tempo ao coidado de animais nunha protectora.

Como peche da conversa Raquel recomenda despedirnos con Pauliña, en concreto cun canción titulada "Non é ficción".

Botádenos unha man espallando este proxecto que podedes escoitar en: IVOOX, SPOTIFY, ARCHIVE e PODGALEGO.