Cintia Micaela Fresenga Araújo pasa polos micros de Radio Manoplas na sexta entrevista da terceira tempada.
Chegou a Vigo con 14 anos desde Uruguai. Primeiro pai, logo ela xunto a nai e irmáns, deixaron o chiquito país latinoamericano na procura dun futuro mellor. Na Galiza padeceron a violencia das políticas migratorias e tamén condutas racistas no ámbito educativo.
Logo de rematar o instituto fixo primeiro o ciclo de Vitivinicultura en Ponteareas para logo continuar cos estudos de Integración Social, formacións que sempre compaxinou con diferentes empregos. O mundo do social viu para quedar nela. Remata integración e comeza a traballar nun centro residencial para crianzas que están no sistema de protección. Cintia, sempre inquieta e activa, organízase xunto a outra compañeiras na busca de mellores condicións laborais consciente das consecuencias na súa tarefa da precariedade do sector.
Pechamos a entrevista coa recomendación musical de Cintia, un tema de Jorge Drexler que leva por título “Movimiento”.
Botádenos unha man espallando este proxecto que podedes escoitar en: IVOOX, SPOTIFY, ARCHIVE e PODGALEGO.