Nesta ocasión levamos os micrófonos até Teis para entrevistar a Tania Vázquez Corbacho.
Veciña de Teis, barrio vigués no que medrou, vive e traballa. Nas torres da FENOSA pasou a súa infancia xogando entre os bloques e as rúas da zona. Rematou o instituto e matriculouse en Traballo Social. Estudos que compaxinou coa formación e práctica no terreo do tempo libre. Cos anos eses saberes xuntáronse profesionalmente en Xaruma.
Desde hai anos execerce tarefas de coordinación en Xaruma, entidade coñecida polo seu traballo no eido do tempo libre e tamén pola súa tarefa con persoas que teñen diagnósticos psquiátricos.
Conduciodos polas verbas de Tania adentrámonos no Traballo Social, na saúde mental, na importancia/necesidade do comunitario, na función de coordinar equipos de traballo e en moitos máis asuntos de interese. Despedímonos cun tema de La Raíz que leva por título: "La hoguera de los continentes".
Botádenos unha man espallando este proxecto que podedes escoitar en: IVOOX, SPOTIFY, ARCHIVE e PODGALEGO.