3x13 #RadioManoplas: Especial "A Casa da Quintán"

Especial fin da 3ª tempada "A Casa da Quintán".

Levamos os trebellos até Pontecaldelas para gravar un programa moi especial en “A casa da Quintán”. Entramos neste centro de menores no que viven sete adolescentes de entre 12 e 17 anos. Rapazas tuteladas pola Xunta que residen nun centro especializado en saúde mental, polo momento o único na Galiza.

Luna, Hayley, Luca, Valeria, Valentina e Dantina falan nos micros deste falangullo de como é o seu día a día na casa, do que estudan, do seu futuro... Escoitamos tamén a Eva e Álvaro, educadoras do centro, explicar o acompañamento que fan a estas mozas que chegaron á casa tras padeceres sufrimentos varios.

As músicas deste episodio falan tamén das nosas convidadas. As cancións que soan foron escollidas por elas: “Chulo” de Bad Gyal, “Curious” de Hayley Kiyoko, “Si no estás” de Iñigo Quintero, “Soy yo” de Bomba Estéreo e pechamos de novo con Bad Gyal cantando “Zorra” xunto a Rauw Alejandro.

Botádenos unha man espallando este proxecto que podedes escoitar en: IVOOX, SPOTIFY, ARCHIVE e PODGALEGO.