3x11 #RadioManoplas: Tania Lago Aller

Tania Lago Aller convértese na entrevistada número 37 en pasar polo micro de Radio Manoplas.

Enfermeira de profesión, naceu e vive en Chapela. Para Tania a vida en común é moi importante e por riba das palabras leva anos construíndo feitos que fagan medrar o grupal.

Desde os inicios participa en MANAIA, asociación galega de adopción e acollemento. No comezo un grupo de 6/7 familias xuntáronse para pedir que se acurtasen os tempos de agarda polas adopcións. A evolución, natural, fixo que a entidade entrara en contacto coa infancia tutelada e que nos últimos tempos déranlle pulo a numerosas iniciativas como por exemplo “Manaia moza”.

Tania defende a tribu como espazo de coidado. Para ela as fronteiras entre tribu e familia son borrosas, aposta polo compartir e pola importancia de sumar a todas aquelas que queiran facer vínculos fortes e duradeiras. O seu proxecto de familia afástase da norma, vive coa súa parella e con tres fillxs: un co que comparte xenética e dous cos que non. Na súa casa son ben coñecedoras do racismo que padecen, o seu fillo mediano naceu en Etiopía, ás que non son brancas nunha sociedade que penaliza -tamén- polo cor de pel.

Un pracer escoitar a Tania que deixou palabras cheas de sensibilidade, coñecemento da realidade e compromiso real polo comunitario e a infancia. Pechamos e entrevista coa recomendación musical, neste caso unha peza de Luis Fonsi titulada “No me doy por vencido".

Botádenos unha man espallando este proxecto que podedes escoitar en: IVOOX, SPOTIFY, ARCHIVE e PODGALEGO.