A entrevistada no séptimo falangullo desta tempada é Marina Fuentes Barco.
Conversamos con esta veciña de Vigo sobre tres grandes temas: saúde mental, drogas e cadea. Estudou Medicina en Compostela e tras visitar o psiquiátrico de Conxo ficou namorada da psiquiatría. Logo de rematar na universidade e tras facer a residencia no Nicolás Peña salta ao mundo das adiccións e das drogas.
Logo de traballar en CEDRO e Alborada inicia a súa andaina na Unidade Asistencial de Drogodependencias - UAD en Porriño. No seu centro atende pacientes de varias localidades do rural pontevedrés, onde os seus pacientes están máis acompañados en comparación coa soidade e estigmatización dos ambientes urbanos. No final da conversa falamos da prisión, Marina fai consulta de psiquiatría na cadea de A Lama.
Non deixedes de escoitar a esta muller chea de enerxía que ten un discurso moi crítico sobre as diferentes realidades nas que se move. Para rematar esta inspiradora conversa escoitamos a Boyanka Kostova cantando: "Leiraz".
Botádenos unha man espallando este proxecto que podedes escoitar en: IVOOX, SPOTIFY, ARCHIVE e PODGALEGO.