A entrevistada do cuarto programa desta tempada é Paula Verde Francisco. Veciña de Bembrive, defínese como activista. En especial na loita polos dereitos das persoas con diversidade funcional, sempre facéndeo desde a suma e desde o positivo.
Nai de tres fillos, un deles con diagnóstico de trastorno do espectro autista (TEA). Abrazou a diversidade de Héctor buscando relacións e unha comunidade na que apoiarse na loita polos dereitos destas persoas. No sistema educativo as crianzas con "necesidades educativas especiais" vivien unha morea de atrancos e os apoios son escasos, mais Paula non deixa tempo para laiarse. Unha web (objetivovisibilizandoelautismo.com), presenza activa en redes sociais e a fotografía son ferramentas que emprega para sensibilzar e provocar cambios.
As verbas de Paula danos azos para mellorar o mundo educativo e a nosa sociedade. Nesta tarefa pon corpo e tempo, xunto a outras: FOANPAS, Igualarte, TEAVI ou o movemento veciñal de Bembrive son exemplos de grupos humanos nos que pula por unha vida digna para todas as persoas. Rematamos o falangullo con: "Centro" unha canción de Pedro Pastor.
Botádenos unha man espallando este proxecto que podedes escoitar en: IVOOX, SPOTIFY, ARCHIVE e PODGALEGO.