Nesta ocasión a entrevistada en Radio Manoplas é Carmen Boado Aguinaga. Medrou polo carreiros de Alcabre chegada de Euskadi, para logo facer barrio nas rúas de Coia.
Carmen estudou a primaria no Javier Sensat, a secundaria no Coia 4 e sacou a enxeñaría de Telecomunicacións na Uvigo. Formación académica que completou con aquela na que non hai títulos na comunidade do Cristo da Vitoria. Participou na fundación do grupo ecoloxista "O Modaco" e máis tarde pasou horas con rapazada do barrio facendo educación de rúa a través de ICAMI (Iniciativa Contra a Marxinación Infantil). Encamiñou a súa vida cara o ensino. Profesora de tecnoloxía e desde hai anos xefa de estudos no IES Valadares. Recentemente recibiu o Premio Innovagal da Consellería pola súa labor como docente.
Conversamos con ela sobre educación -no seu caso coa ollada posta no alumnado con máis necesidades-, sobre o seu traballo no equipo directivo dun centro e sobre a formación e moitos máis asuntos. Rematamos o falangullo con: "Gracias a la vida" de Mercedes Sosa.
Botádenos unha man espallando este proxecto que podedes escoitar en: IVOOX, SPOTIFY, ARCHIVE e PODGALEGO.