2x2 #RadioManoplas: Ana Sieiro Moral

Debullamos diferentes temas con Ana que ábrenos as portas de Achega, centro de psicoloxía e logopedia, para realizarmos a entrevista.

"Cachorros de nadie" o libro de Reguera foi de inspiración para a súa vida que a colocou sempre preto das crianzas máis vulneradas. Logo de estudar Bioloxía ofrecéronlle traballar en Coruña, xunto a súa parella, nunha vivenda para nenos e nenas en situación de desprotección. Logo viñeron a Vigo onde continuaron con esa tarefa. Pechou etapa, comezou a estudar Psicoloxía e iniciou a súa andaina en Meniños, onde continuou preto da infancia desprotexida desenvolvendo tarefas no programa de integración familiar.

En 2012 abre Achega que vai facer unha década atendendo a adultos, adolescentes e crianzas. Ana fala da vulnerabilidade que trouxo a pandemia e sobre como afecto á saúde mental. Agradecemos tamén que comparta nestes micros como viviu ela e a súa contorna o cancro polo que pasou hai uns anos. Pechamos o falangullo coa súa recomendación musical: "Matriarcas" de Guadi Galego.

Botádenos unha man espallando este proxecto que podedes escoitar en: IVOOX, SPOTIFY, ARCHIVE e PODGALEGO.