2x1 #RadioManoplas: Laura González Vila

Iniciamos segunda tempada deste falangullo de entrevistas con Laura González Vila.

Unha galega, de Coia, que vive en Toledo. Conversamos con ela sobre educación, ciencia, grupo de consumo, o galego e moitos máis asuntos.

Laura traballa como profesora de secundaria en Fuenlabrada, antes percorreu moitos centros públicos de castela e da comunidade madrileña. Consciente dos límites que lle impón o sistema educativo procura estratexias para superar dita rixidez. No seu caso o teatro, e sobre todo a súa experiencia como monitora en campamentos sonlle de utilidade para levar a ciencia ás aulas dun modo atractivo para o alumnado.

Fixo teatro, estivo de voluntaria en Bolivia, colaborou nunha radio comunitaria (Onda Polígono) e estivo no nacemento dun grupo de consumo. Nel varias familias organízanse na procura de alimentos respectuosos co planeta e coas labregas que os produce. Para Laura o grupo de consumo é un bo xeito para repartir a riqueza e tamén para facer tribo/comunidade. Pechamos o falangullo coa súa recomendación musical: "La danza del fuego" de Mago de Oz.

Agradecemos as escoitas da primeira tempada, tamén a compra de cuncas, e seguimos pedindo que espalledes esta entrevista que podedes escoitar en: IVOOX , SPOTIFY, ARCHIVE e PODGALEGO.