1x9 #RadioManoplas: Ana Álvarez Paz

Nesta ocasión pasa polos micros de Radio Manoplas Ana Álvarez Paz. No noveno falangullo Ana fala da súa infancia en Porto de Eguas, preto do Carballiño. Desde moza dedicouse ao ensino, igual ca nai. Desde hai anos, tras estudar Maxisterio e Historia, imparte clases no IES Alexandre Bóveda.

Para Ana a educación trascende o currículo, froito disto busca enredos que a levan a participar no Comando Igualdade, no proxecto do Roteiro por Coia, no clube de Manga do Coia 2...

Nos 25 minutos de conversa falamos de feminismos, familia, educación, rapazada e moitos máis temas que pechamos coa canción que recomenda Ana: "Hasta la Raíz" de Natalia Lafourcade.

Botádenos unha man espallando este proxecto. Podedes seguirnos en Ivoox, Archive e Spotify.