Octavo falangullo de Radio Manoplas nesta ocasión a entrevistada é Maite Garmendia Eguinoa. Vive en Elosu, preto da cidade onde naceu: Vitoria-Gasteiz. Estudou xornalismo mais a súa vida derivou cara o mundo da cooperación internacional, ela é traballadora na Axencia Vasca de Cooperación para o Desenvolvemento - eLankidetza.
Falamos sobre cooperación, traballo grazas ao cal viviu na súa querida Guatemala e coñeceu a realidade de moitos países latinoamericanos.
Maite gusta moito de Galiza, polo momento non fala galego, mais ten en axenda estudalo. Conversamos con ela sobre o euskera, o seu futuro e a importancia da sociedade vasca e das institucións no seu devir.
Pechamos os 25 minutos de conversa coa canción que recomenda Maite: "Latinoamérica” de Calle 13.
Botádenos unha man espallando este proxecto. Podedes seguirnos en Ivoox, Archive e Spotify.