No séptimo falangullo de Radio Manoplas a entrevistada é Ana Pardo Fernández. Veciña de Vigo mais dise de Pesqueiras, municipio lugués de o Saviñao. Logo de rematar os estudos de Traballo Social na Uvigo leva anos exercendo a profesión en diferentes entidades. Na actualidade o fai en Provivienda, asociación onde leva a coordinación.
Conversamos con Ana sobre traballo social, sobre a súa tarefa na coordinación, sobre vivenda, migracións... Falamos desde Teis, barrio onde está a sede de Provivienda, onde atopamos moitas das realidades faladas nos 25 minutos de parolada.
Como noutras entrevistas rematamos cun tema de Los Piratas da man de Ana, a peza que pecha o falangullo é: "Años 80”.
Botádenos unha man espallando este proxecto. Podedes seguirnos en Ivoox, Archive e Spotify.