Nesta ocasión a muller que fala no micro de Radio Manoplas é Inma Araújo López.
Conversamos con ela sobre psicoloxía, adolescencia, abusos, pandemia e moito máis. Inma traballa como psicóloga en Alborada, no programa de intervención con adolescentes en conflito. Esta tarefa a combina coa participación en Amino (Asociación de Abuso y Maltrato Infantil No).
Pechamos o programa coa recomendación musical de Inma, nesta ocasión un tema do rapeiro Arce que leva por título: "Ayer".
Botádenos unha man espallando o podcast. Podedes seguirnos en Ivoox, Archive e Spotify.