1x12 #RadioManoplas: Eva Pallás Figueira

A entrevistada é Eva Pallás Figueira, ela medrou nunha casa de aldea en Toedo (A Estrada) e desde hai anos vive e traballa en Vigo.

Coñecemos a infancia de Eva nunha vila do rural galego. Tiñan vacas, traballaban a terra e facían a morea de tarefas cotiás na aldea. A irmá maior e o irmán pequeno de Eva traballan entre fogóns, ela seguiu ese vieiro e desde hai anos é cociñeira na escola infantil "Rosalía de Castro". Da súa man poñemos en valor a importancia duns bos alimentos e dunha boa elaboración dos mesmos na vida das persoas.

As súas verbas permiten coñecer os valores cos que medrou. Coñecemos tamén como levan na casa as súa actividade sindical e falamos sobre moitos temas máis. Un pracer escoitar a Eva que remata a entrevista animando a pensarnos en común e loitar unidas como clase traballadora. Pechamos o falangullo coa súa recomendación musical: "Me Gusta la Vida" de Funambulista.

Botádenos unha man espallando este proxecto que podedes escoitar en: IVOOX, ARCHIVE e SPOTIFY.