1x10 #RadioManoplas: Beatriz Lorenzo Caamiña

Nesta ocasión pasa polos micros de Radio Manoplas Beatriz Lorenzo Caamiña.

Chegamos ás dez entrevistas coa compaña de Bea que medrou nunha parroquia de Porriño para logo vir a Vigo.

Na conversa falamos con ela sobre o empobrecemento que a acompaña desde hai anos o que a levou a ser boa coñecedora dos servizos sociais. Na procura de alternativas coincidimos na Oficina de Dereitos Sociais - Coia. No libro "Renda Básica das iguais e feminismos" explica -con claridade- o seu proceso de apoderamento no texto titulado: "Como pasar de usuaria a persoa sen morrer no intento".

Parolamos tamén sobre a conexión entre pobreza e saúde, no seu caso expresada en forma de sufrimento psíquico. Pechamos o falangullo coa peza que recomenda Bea: "E ti, só ti" de el Diluvi con Sés.

Botádenos unha man espallando este proxecto que podedes escoitar en IVOOX, ARCHIVE e SPOTIFY

 

+info: http://alicerces.arkipelagos.net