Radio Manoplas

Podcast quincenal da familia Manoplas. Intéresanos falar, e sobre todo escoitar, a persoas con vidas suxestivas e inspiradoras. Media hora para coñecer as súas historias contadas por elas mesmas que remata cunha canción.

Podedes seguirnos no noso canle de Ivoox (https://www.ivoox.com/podcast-radio-manoplas_sq_f11151742_1.html), en Archive (https://archive.org/details/@radio_manoplas) e tamén a través do twitter (@radiomanoplas). Calquera dúbida, comentario ou suxestión a podedes facer a través do email: radiomanoplas@riseup.net