Pechamos a cuarta tempada conversando con Itziar San Martín Landesa e María Fernández Costas, socias de Dixtinta.
María e Itziar abríronnos as portas de Dixtinta, a imprenta dixital que rexentan desde o verán de 2022. A María o negocio vénlle de familia xa que medrou na imprenta familiar. Itziar pouco coñecía deste sector, mais a precariedade laboral e a procura de novos camiños xuntárona con María.
Debullamos con elas os inicios do negocio, as dificultades, os apoios, o futuro... Até o momento a valoración que fan do camiño é satisfactoria. Dende o principio, tiveron claro que o traballo era só unha parte máis das súas vidas. Por iso, estableceron límites como horarios definidos e fomentaron unha relación baseada no diálogo entre ambas.
Sen dúbida, Dixtinta é o lugar ideal para imprimir en case calquera superficie, ofrecendo unha atención personalizada onde a clientela sempre é escoitada. Non dubidedes en visitar o local, situado en Coia, na rúa Martín Echegaray 19, ou contactar a través da súa páxina web (imprentadixtinta.es) para recibir asesoramento sobre os vosos proxectos.
Agradecemos que existan persoas como Itziar e María que pulen por negocios coma este. Despedímonos coa música de Laura Itandehuia que interpreta "Yo no necesito de mucho".
Botádenos unha man compartindo este proxecto, que podedes escoitar en IVOOX, SPOTIFY, ARCHIVE e PODGALEGO.