Haydée Agras Moral pasa polos micros de Radio Manoplas no décimo falangullo da terceira tempada.
Veciña de Coia en concreto do barrio do Rocío, moi preto da súa casa, no “campo rojo”, pasou horas xogando ao fútbol. Nos 90 as nenas non eran benvidas neste deporte, mais como Haydée dicía "vivía nun capítulo de Oliver e Benji constante” e de tanto teimar rematou como xogadora profesional onde gañou varios títulos.
Tras pechar a súa etapa de xogadora, tarefa que compaxinou cos estudos universitarios, comeza a traballar como analista de datos nunha empresa rusa (InStat). O mundo laboral a levou por diferentes países: Tailandia, Qatar, Kuwait, Malasia e agora Reino Unido.
Na actualidade traballa no equipo técnico do Brentford, equipo que xoga na Premier League. Nese club Haydée traballa como analista táctica tratando de dar contexto e aproveitar a inxente cantidade de datos que manexan no fútbol profesional.
Un pracer de conversa a mantida cunha persoa que desprende humanidade, serenidade e gran coñecemento da tarefa que desenvolve. Para rematar Haydée propón "Oie Gayego" de Verto para despedir a entrevista.
Botádenos unha man espallando este proxecto que podedes escoitar en: IVOOX, SPOTIFY, ARCHIVE e PODGALEGO.