A entrevistada no quinto programa da segunda tempada é Bertila Fernández Pérez. Natural da Coia anterior ao polígono, barrio onde segue a vivir.
Sendo moza participou activamente nos movementos veciñais do barrio, no seu caso ao abeiro da comunidade do Cristo da Vitoria. Desde noviña pulou, sempre xunto a outras, por mellorar as condicións de vida do territorio e das habitantes do mesmo. Daqueles tempos garda boas lembranzas e experiencias que serían moi importantes para o seu futuro.
Ten un fillo e unha filla, e desde hai pouco é avoa. Sendo os seus fillos pequenos entra a formar parte do ANPA do colexio Celso Emilio Ferreiro. A educación chega para quedar na súa vida durante as últimas tres décadas. Do colexio salta a FOANPAS (Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais do Alumnado de Vigo e a súa bisbarra) onde fai equipo na procura da mellora do sistema educativo da nosa contorna.
As verbas, e sobre todo o exemplo, de Bertila dan azos para transformar con outras as nosas vidas. No seu caso onde máis forzas dedicou e dedica a é na EDUCACIÓN, sendo mostra vivinte da importancia do papel das familias e da sociedade na mellora do sistema educativo. Rematamos a entrevista cunha canción de R.E.M. titulada: "Everybody Hurts".
Botádenos unha man espallando este proxecto que podedes escoitar en: IVOOX, SPOTIFY, ARCHIVE e PODGALEGO.