Nesta ocasión a entrevistada en Radio Manoplas é Diana Giráldez Monteagudo.
Orixinaria de Panxón Diana vive e traballa no barrio de Teis en Vigo.
Falamos con ela sobre educación. Diana estudou o ciclo superior de Educación Infantil para despois continuar na universidade facendo Maxisterio. Traballou en diferentes escolas, públicas e privadas, e nestes momentos desenvolve o seu papel como educadora na Semente Vigo. Participou no nacemento deste proxecto no que o galego é unha das centralidades desta escola popular que debullamos da man de Diana.
Pechamos os minutos de conversa coa recomendación musical de Diana. Nesta ocasión escoitamos a peza titulada "Rambalín" de Rodrigo Cuevas.
Botádenos unha man espallando este proxecto que podedes escoitar en IVOOX, ARCHIVE e SPOTIFY