Nesta ocasión a entrevistada é Eva Gil Rodríguez. Muller polifacética que pasou a súa infancia en A Cañiza, onde o seu pai era mestre da escola que facía tamén de vivenda familiar. Estudou Educación Social, mais segue a súa formación no Instituto Wilhelm Reich. Xente que viña participando nese espazo creou ASEIA (Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia), organización na que Eva é persoa activa. Falamos tamén con ela de persoas migrantes e de feminismos ao fío da súa actividade en Raias Traveseiras e no podcast A resistencia do dedo medio.
Gusta da música e comparte en Radio Manoplas dúas pezas. A primeira que escoitamos é "Ain't Got No, I Got Life" de Nina Simone. Rematamos o terceiro programa con "Ela Propón" da música galega Mercedes Peón.
Podedes escoitar o terceiro programa da Radio Manoplas en IVOOX, ARCHIVE e SPOTIFY.