No segundo programa de Radio Manoplas a entrevistada é Susana Pérez Galán. Veciña de Vigo, mestra no colexio Salesianos e persoa con moitísimas habilidades para os coidados.
Fala sobre a súa infancia a cabalo entre Canido, Teis e Coia. Crianzas, pandemia, coidados, drogas e moito máis en pouco máis de 25 minutos de conversa. Pechamos o programa coa súa recomendación musical. Susana escolle a canción: "Al alba" de Luis Eduardo Aute.
Axudádenos a espallar este programa e lembrade que podedes seguirnos en Ivoox e Archive.