Dicionario da infancia confinada

Levamos máis dun mes de confinamento e sen dúbida, unhas das máis afectadas por este peche foron as crianzas. Novos xogos, novas rutinas, novas tarefas, novos usos do espazo, novas compañeiras de xogo, no mellor dos casos, as adultas ou a soidade.

As crianzas descubriron cousas, comportamentos e ocupacións que antes non tiñan importancia e que agora fan xirar o día.

Cómpre poñer palabras a esta situación que lembraremos para sempre. As nosas amigas de Carabancheleando lanzaron a proposta do “Diccionario de las periferias confinadas”, mais nós queríamos facer un en galego e con crianzas.

Por iso desde a asociación cultural Alicerces querémosvos convidar a participar na creación dun Dicionario de Confinamento:

A idea é que enviedes:

- Pequenas definicións de conceptos e situacións que vivimos neste confinamento. Tedes que elaborar un pequeno texto sobre esa palabra explicando o que lle supón nestes días. Por exemplo: terraza, cociñar, aplauso...

- Enviar un debuxo ou foto que ilustre a palabra definida.

- Si ademais enviades uns datos básicos vosos: nome, idade, barrio ou vila. Xenial!

O que enviedes o difundiremos na web: alicerces.arkipelagos.net e, quen sabe, igual no futuro nunha publicación

Podedes enviar até o luns 27 de abril a:

Correo electrónico: alicercesrs@gmail.com

Whatsapp e/ou telegram: 696 618 732