Alicerce: Parte inferior dunha construción que a sostén soportando o seu peso...
Quen fomos para ser quen somos.
Somos unha asociación sen ánimo de lucro constituída no barrio de Coia en 2016.
Son fins principais da asociación segundo recollen os Estatutos:
a) Fomentar o desenvolvemento social e cultural.
b) Promover e dinamizar espazos de encontro utilizando a cultura como plataforma.
c) Defender a cultura e o patrimonio cultural como ferramentas imprescindibles para o desenvolvemento social e humano.
d) Seren vehículo de transmisión da herdanza cultural, social, económica, política, etc, moitas veces en perigo de desaparición.
e) Mellorar as condicións de vida da comunidade por medio do patrimonio e da cultura.
f) Fomentar a igualdade de oportunidades, a promoción e a non discriminación das mulleres, das persoas migrantes, das persoas con diversidade funcional, das persoas en risco ou en situación de exclusión social, ... na vida comunitaria
g) Fomentar a promoción e a conservación da cultura galega.
h) Concienciar á comunidade en xeral, e ás crianzas e á mocidade en particular, da importancia da participación activa e transformadora como elemento de benestar e cohesión social.
i) Promover a defensa e o desenvolvemento dos dereitos sociais e culturais.
j) Promover a participación e mobilización social para crear redes de solidariedade na nosa sociedade.
Para levar a cabo os seus fins, poderá a asociación organizar as seguintes actividades:
a) Traballos de documentación do noso patrimonio cultural pretérito ou presente.
b) Traballos de difusión do noso patrimonio cultural pretérito ou presente.
c) Organizar obradoiros, formación e/ou xornadas.
d) Organizar actividades socioeducativas.
e) Publicar en diferentes soportes (libros, cartaces, audiovisuais, web, etc), os resultados dos seus traballos.
f) Realizar asesoramentos e proxectos técnicos.
g) Elaborar materiais didácticos.